Volátil é un colectivo teatral galego-andaluz integrado polas creadoras Rosa Romero, Álex Sobrino e Irene Moreira. O seu obxectivo principal é organizar artísticamente material inédito que se atopa invisibilizado polo tipo de sociedade na que vivimos, onde a présa, o éxito e a xerarquía ocupan todo o espazo. Por iso, queremos traballar un tempo e un espazo onde a escoita atenta, as historias e a horizontalidade no proceso proporcionen novos mecanismos de organización social.
español